0
LOTE DO AGRO. INCLÚE LÁMINA DE CESTOLA NA CACHOLA
-5%

LOTE DO AGRO. INCLÚE LÁMINA DE CESTOLA NA CACHOLA

Permacultura 1ªEd, A degradación do solo, e Árbores que non arden

AA.VV

49,90 €
47,41 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
CATRO VENTOS EDITORA
Ano de edición:
2023
Materia
Manuais ,libros tecnicos
ISBN:
978-84-124635-7-6
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ECOLOXIA-CONSUMO RESPONSABLE
Idioma:
Galego
49,90 €
47,41 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Lote que contén tres libros: Permacultura 1ªEd., A degradación do solo, e Árbores que non arden.

Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada e achegan fórmulas, consellos, prácticas útiles para coidar da contorna do agro e das eiras.
Dende o estado actual dos nosos solos até as solucións para coidar deles, reivindicando o apoderamento do ecofeminismo e da resiliencia e a soberanía alimentaria que podemos acadar facendo cousas pequenas que mudan o rumbo.
Este lote achega tres obras esenciais do catálogo de Catro Ventos Editora a un prezo especial. Unha oportunidade para reconectar coa Terra desde a perspectiva ecosocial tan arraigada no rural galego.


A degradación invisible do solo, de Gerth M. Neugebauer
—-
A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, unha superficie equivalente a máis do dobre de Galicia.
Con exemplos sobre o estado de degradación dos solos en Alemaña, Austria e a costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes, Gerth M. Neugebauer expón, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfron-ta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.
Porén, esta obra tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.

Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais, de proxecto Batefogo
—-
Nunha panora´mica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdo´tica. A su´a visibili-dade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supo´n a problema´tica dos incendios forestais en Galicia e´ moi reducida; demasiado…
Fagan memoria das noticias sobre a autori´a dos lumes, das imaxes do servizo de extincio´n, dos comite´s da administracio´n autono´mica ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestio´n do territorio. E´ que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as su´as causas e consecuencias?
Para tentar dar resposta a estas preguntas, o equipo do proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes auto-ras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.

Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor, de Alexandre Grande Babarro
—-
Velaquí unha caixa de ferramentas coas que facer fronte á crise ecolóxica, social e sistémica mundial. Atoparemos neste libro unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos e recursos. O autor com-pleta ademais a súa achega coa presentación de proxectos activos en Galicia que traballan cara á transición. Coñecer esta vangarda galega servirá de estímulo ao apoderamento e o emprendemento doutros proxectos de transformación ecosocial.
Con esta obra non coñecerás só os trazos puramente ecolóxicos da permacultura, senón tamén os aspectos sociais, eco-nómicos e persoais. Ademais de vivirse no campo e na natureza, a permacultura vívese nas relacións entre as persoas e coa contorna, e nas iniciativas de comunidade.

Artículos relacionados

  • TRADUÇOM COMENTADA DE TEXTOS DIDÁTICOS E DIVULGADORES -5%
    TRADUÇOM COMENTADA DE TEXTOS DIDÁTICOS E DIVULGADORES
    CARLOS GARRIDO
    Encarregado desde há mais de vinte anos da docência de disciplinas de traduçom técnico e de traduçom geral de inglês e de alemám para galego, nas quais recorro com freqüência , como base das práticas tradutivas, a textos didáticos e divulgadores, e tendo orientado a elaboraçom de numerosos trabalhos de fim de curso consistentes na traduçom comentada de um texto especializado, e...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • MAS GALICIA ENTRE COPAS. NUEVA EDICIÓN COMPLETAMENTE ACTUALIZADA -5%
    MAS GALICIA ENTRE COPAS. NUEVA EDICIÓN COMPLETAMENTE ACTUALIZADA
    MARIANO FISAC / PEPE SOLLA(PRÓLOGO)
    Ha pasado mucho tiempo desde que Galicia entre copas viera la luz; fue el fruto de un viaje, casi iniciático, de probar, conocer y, de alguna forma, mostrar —como hasta entonces no se había hecho— la realidad de un territorio que en unos pocos años había pasado de la práctica irrelevancia —más allá de lo folclórico— a convertirse en una de las referencias mundiales del vino eme...
    En stock

    23,90 €22,71 €

  • FOGUETES E FOGUETEIROS -5%
    FOGUETES E FOGUETEIROS
    XERARDO DASAIRAS VALSA
    Estamos ante un novo libro da serie Manuais que vimos editando desde o Museo do Pobo Galego. Neste caso unha historia e etnografía sobre o uso lúdico da pólvora e do foguete, unha historia sobre os fogueteiros, o ruído e as luces festivas no ceo nocturno. ...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • SISTEMAS FLUIDOMECÁNICOS NO TRANSPORTE -5%
    SISTEMAS FLUIDOMECÁNICOS NO TRANSPORTE
    PAZ PENÍN, MARÍA CONCEPCIÓN / SUÁREZ PORTO, EDUARDO / VENCE FERNÁNDEZ, JESÚS / CABARCOS REY, ADRIÁN
    A tecnoloxía CFD, sigla de Computational Fluid Dynamics, en galego Dinámica de Fluídos Computacional, é unha técnica de análise numérica que permite determinar o comportamento dos fluídos mediante a realización de experimentos virtuais no ordenador. Esta técnica conta con varias décadas de desenvolvemento científico de respaldo, converténdose a día de hoxe nun dos estándares de...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • ÁLXEBRA LINEAR -5%
    ÁLXEBRA LINEAR
    RAMÓN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
    É ben coñecido que a álxebra linear é unha materia que aparece nas memorias da maior parte dos graos de contido científico-técnico. Tendo en conta isto, esta obra está pensada para que o lector interesado poda afondar no seu estudo tendo a man una exposición rigorosa da teoría, unha boa serie de exemplos ilustrativos e unha ampla colección de problemas para practicar e afirmar...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • DESARROLLO DE COLECCIONES BIBLIOTECARIAS -5%
    DESARROLLO DE COLECCIONES BIBLIOTECARIAS
    ORERA ORERA, LUISA / HERRERA MORILLAS, JOSÉ LUIS
    La colección es el elemento más importante de la biblioteca para poder cumplir con las dos funciones clave que ha llevado a cabo a lo largo de su dilatada existencia: la labor de conservación y la de difundir información. Por ello conocer y aplicar todos los procedimientos que conlleva el desarrollo y mantenimiento de la misma es vital para que la biblioteca disponga de colecci...
    En stock

    25,00 €23,75 €