0
O PILOTO(3ªED.). O ULTIMO GUERRILLEIRO
-5%

O PILOTO(3ªED.). O ULTIMO GUERRILLEIRO

ALFONSO EIRÉ

14,96 €
14,21 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
HERCULES DE EDICIONES, S.L.
Ano de edición:
2021
Materia
Biografias
ISBN:
978-84-18966-32-3
Páxinas:
164
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
14,96 €
14,21 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

O Piloto, o último guerrilleiro.
(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965).
Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.
Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe.
Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época.
O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas súas particulares circunstancias.
Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en organizarse en todo o estado e a última en desaparecer.
Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co novo nacionalismo.

Artículos relacionados

  • FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA) -5%
    FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA)
    MANUEL MONGE GONZÁLEZ
    Difúndese que Alberto Núñez Feijóo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante,etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijóo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos"Feijóo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un ...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • MURGUÍA, O PATRIARCA -5%
    MURGUÍA, O PATRIARCA
    LOIS CARRE ALVARELLOS
    Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña,1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalia de Castro.Malia que non poido rematar o seu ...
    En stock

    29,50 €28,03 €

  • VIDA Y OBRA DEL VII CONDE DE LEMOS.Volumen II -5%
    VIDA Y OBRA DEL VII CONDE DE LEMOS.Volumen II
    MANUELA SÁEZ GONZÁLEZ
    Este segundo volumen —que consta de una completa documentación— recoge noticias muy numerosas y detalladas sobre su actuación en las diferentes etapas de los veinte años en que fue figura de gran relieve en el panorama político de la Corona hispana. ...
    En stock

    149,50 €142,03 €

  • UN DÍA PARA AS LETRAS -5%
    UN DÍA PARA AS LETRAS
    POLO CORREO DO VENTO
    Foi un ensaísta, narrador e editor galego. Traballou incansable a prol da nosa cultura durante temos escuros, impulsando e dirixindo proxectos que fixeron medrar o país. En 2023 vai ser homenaxeado co día das Letras Galegas, no 60 aniversario desta celebración ...
    En stock

    6,00 €5,70 €

  • LA MÁQUINA DE LA ETERNIDAD -5%
    LA MÁQUINA DE LA ETERNIDAD
    PAZ GAGO,JOSE MARÍA
    La máquina de la eternidad es la biografía novelada de una figura fascinante, José Sellier, francés afincado en A Coruña que será la primera persona en filmar vistas de cinematógrafo en España, en el año 1897. Al hilo de su vida, José María Paz Gago dibuja un panorama sorprendente de la Coruña de la Belle Époque, una ciudad cosmopolita y abierta en la que rivalizaba en buena a...
    En stock

    19,00 €18,05 €

  • A ÚNICA. MARIA CASARES -5%
    A ÚNICA. MARIA CASARES
    PLANTAGENET, ANNE
    María Casares naceu na Coruña no ano 1922, filla de Santiago Casares Quiroga, avogado e presidente do Goberno da República entre maio e xullo de 1936. Logo do golpe de Estado, trasládase a París coa súa familia, onde co tempo chegará a converterse na primeira actriz de Francia. Como peche da celebración do centenario do seu nacemento esta biografía de Anne Plantagenet nárranos ...
    En stock

    19,00 €18,05 €

Outros libros do autor